ACTIVIDADES


PROGRAMA XERAL:

Xoves 9: 
09:45 h   Xornadas Técnicas *0 (na Asoc. de Mexilloeiros no peirao)
11:00h   Comezo da navegación *1
11:00h.  Apertura de carpas (exposicións, obradoiros, artesanía, xogos)  *2   
13:00h   Marusía de música con Arume e os da Boina
17:00h   Navegación e actividades a flote *1 e 
17:00h   Apertura de carpas (exposicións, obradoiros, artesanía, xogos)  *2   
18:00h   Inauguración oficial
18:30h   Izado de velas e saúdo das embarcacións participantes*1
20:00h   Danzas mariñeiras coa agrupación Xilbarbeira
23:00h   Noite intercéltica 

              Concertos no escenarios do peirao 
Cantareiras  Lumieira e Xilbarbeira (Galicia) e The Eskies (Irlanda)

Venres 10:
11:00h  Xornada de navegación*1       
11:00h. Apertura de carpas (exposicións, obradoiros, artesanía, xogos)  *2   
13:00h  Marusía de música con Fiadeira e cantareiras Xoaniñas
13:30h  Presentación do libro de Lino Pazos no Joaquín Vieta *3   
17:00h  Navegación e actividades a flote*1
17:00h  Apertura de carpas (exposicións, obradoiros, artesanía, xogos)  *2   
18:00h  Visitas guiadas: “A carpintería de ribeira e asteleiros tradicionais.   
    Pto. de encontro: caseta de información. Espazo JJChicolino  
19:00h  Poesía e música AldaoLado (no náutico)
20:00h  Danzas mariñeiras coa agrupación Abeloura
20:30h  Proxección do documental do “Cabo Razo” na AMC
23:00h  Noite audiovisual con Xurxo Souto e os Gaiteiros do Mar na Ribeira Grande
24:00h. Concerto principal no escenarios do peirao:

 Teixadura  (25 aniversario)      


Sábado 11:
11:00h   Xornada de navegación*1
11:00h.  Apertura de carpas (exposicións/, obradoiros, artesanía, xogos) *2  
11:30h   Visitas guiadas “Cabo de Cruz: da Arqueoloxía á actualidade”.    
   Pto. de encuentro: caseta de información. Espazo JJChicolino 
12:00h   Xogos populares de mar e terra no peirao coa Asoc. de 
    Festas do Carme de Cabo de Cruz
13:00h   Saúda ás novas embarcacións tradicionais*1
13:15h   Marusía de música  con Os da Volta do Monte e As Xoaniñas
13:00h   Presentación do libro de Valdemar Aveiro no Joaquín Vieta *3   
17:00h   Navegación e actividades a flote*1
17:00h   Apertura de carpas (exposicións, obradoiros, artesanía, xogos) *2           
19:00h   Poesía e música “Grupo Ouriol” (no náutico)
 20:00h   Danzas mariñeiras co Ballet Folclórico Boirense        
20:30h   Festa do Longueirón (Asoc. Festas do Carme)
22:00h   Teatro de vida: “Un mar de mulleres” do obradoiro de 
    Memoria da Cruz Vermella Local Boiro. No auditorio Centro Social de Cabo 
   de Cruz.
 23:00h.  Concerto no escenarios do peirao:
  
Presentado por Sonia Lebedynski, con:
Cantareiras Nunca é Tarde, O Aquel de Aquelar e Radio Cos


Domingo 12:
11:00h   Xornada de navegación*1
11:00h.  Apertura de carpas (exposicións, obradoiros, artesanía, xogos) *2
11:30h   Visitas guiadas :  “O comercio e os gremios en Cabo de Cruz”  Pto. de 
    encuentro: caseta de información. Espazo JJChicolino 
12:00h   Danzas mariñeiras coa agrupación Aroña
13:00h   Marusía de música , co Ar de Loureda
15:00h   Acto de agradecemento ós embarcacións participantes 
17:00h   Apertura de carpas (exposicións, obradoiros, artesanía,xogos) *2           
19:00h   Poesía e música “Cesar Morán e Xosé Taboada”, no náutico   
12:00h.  Concerto de peche con Os Perucos


INFORMACIÓN ESPECÍFICA


*0 XORNADAS TÉCNICAS AGALCARI
Relatores: 
. Victor Barbeito: Castro de Neixón e Castro do Achadizo
. Eric Eikrem: A navegación no norte de Europa. A ruta dos vikingos
. Felipe Senén: Para mariñeiros nós: Prehistoria da navegación en Galiza
. Francisco Fra:  Recuperación de embarcacións a través de fontes orais e documentación.
. Xabi Agote: O proxecto da réplica da Nao San Juan  en Pasaia.                    
 Debate: 
Réplicas, hipóteses flotantes e marco  lexislativo (no ámbito da conservación patrimonial e normativa de navegación), traballando todos na mesma dirección)

Xoves 9 – No local da AMC - Horario:
9:45 Acto inauguración
10:00 Primeira palestra   ;   10:30 Segunda palestra   ;   11:00-11:30_pausa café
11:30 Terceira palestra   ;   12:00 Cuarta palestra       ;   12:30 Debate
                                              13:30 Clausura


*1  NAVEGACIÓN

Horarios: de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00h.
Reunión diaria de patróns ás 10:45h
 Do 8 ao 10: 
Xornadas de deporte náutico adaptadas (ADECO-DEA) no náutico
 Xoves 9:                              
Mañá: Navegación libre 
Tarde: Amarre inauguración, izado de velas 
Venres 10
Maná: O Mar para todos (persoas con discapacidade)
Tarde: Proa a Barraña e Escarabote (plano 7 na web)
sábado 11
Mañá: Rumbo aá Pobra do Caramiñal (plano 8 na web)
Tarde: Proa á Illa de Arousa (plano 10 na web)
Domingo 12
Mañá: Rumbo a Barraña e Punta Ostreira (plano 9 na web)
II Regata de Vela Cangrexa (Agabace)



                            *2 EXPOSICIÓNS 
De 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:30
Na Rúa/ Jaimas
.. Expos. Fotográfica Olláparo: “...o Mar, o barco e mais nós”  
.. .. Minifeira de Artesanía de Galicia.

Nos Alpendres/ Arte Mariñeiro
.. Expos. modelismo: “ Modelismo naval de radio control “
.. Expos. miniaturas:  “ Motores navais en miniatura”
.. Expos. e Exibición: “II Encontro de Palilleiras e Bordadoras CS0CC”
.. Expos. E emisora: Radio afeccionado  (ASORAPA) 

No Pavillón do Patrimonio Marítimo e Fluvial
Cultura Avieira-Portugal, C. Fluvial-Ecomuseo de Arxeriz, Asoc. Albaola-Pasaia, Agalcari, IES Cachada, Cultumar– Federac. Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Gamela de Cabo de Cruz, Sargadelos e o mar, Os Casulos das nasas de Daniel Pazó Vila, Percebescomapuños de Dorna-Laxe, Patexeiros-Sada, AETEMA “Evolución no cultivo do mexillón”,  Maquetas de barcos Tradicionais Manolo de Noia; Museo do Mar de Noia e Museo do Pobo Galego e Librería mariñeira.
     

*2 PROGRAMA ARTE MARIÑEIRO E OBRADOIROS INFANTIS
Nos Alpendres/ Arte Mariñeiro
Sábado 11:
11:30h       Obr. de Escultura (prazas limitadas)
17:30h       Obr. Pintura  (prazas limitadas)

No Pavillón do Patrimonio Marítimo e Fluvial
Xoves 9:
12:45h      Obr. de Papiroflexia 
17:30h      Obr. Xoias 
19:00h      Obr. de Sales de Baño
Venres 10:
11:30h      Obr. Reciclaxe  (Amicos)
Domingo 12:
19:00h      Obr. Broches mariñeiros 
 Na Zona Infantil: Espazo JEALSA
Xoves 9:                                
11:30-12:30:    Mural mariñeiro
11:30-12:30:    Obr. de Nós  
12:30-13:30:    Construción de figuras móbiles
18:00-19:00:    Pompas de xabón
19:30-20:30:    Muíños de vento
Venres10:
11:30-12:30:    Plastilina mariñeira
12:30-13:30:    Deixa a túa pegada e decora o chan
12:45          :    Obr. de Liñas 
18:00-19:00:    Marca páxinas mariñeiros
19:00h        :     Obr. de Cociña  
19:30-20:30:     Xincana mariñeira 
Sábado 11:
11:30-12:30:    Pompas de Xabón
12:30-13:30:    Muíños de vento
12:45:               Obr. de Arte e Natureza (prazas limitadas)
18:00-19:00:    Barcos material reciclado
19:00h              Obr. de Cociña
19:30-20:30:    Decoración de cunchas
Domingo 12:
11:30-12:30:    Xincana mariñeira
12:30-13:30:    Barcos material reciclado
18:00-19:00:    Construción de figuras móbiles
19:30-20:30:     Marca páxinas mariñeiros 
Ademáis Piscina, xogos e enrredos tódolos días

*3  PUBLICACIÓNS / PRESENTACIÓNS

Presentación de ardentía nº8 no Joaquín Vieta (pendente de data)

Venres 10 ás 13:30h. no Joaquín Vieta
Presentación do libro:   “Memoria gráfica de un patrimonio: Salazones y conserveras”de Lino J. Pazos no Joaquín Vieta

Sábado 11 ás 13:00h. no Joaquín Vieta
Presentación do libro: “Histórias Desconhecidas dos Grandes Trabalhadores do Mar.
Recordações da Pesca do Bacalhau” 
Polo seu autor, o Capitán portugués Valdemar Aveiro, quen dedicou toda a súa vida profesional á pesca do bacallau, o que lle procurou grandes amigos galegos que tamén faenaban nos caladoiros de Terranova
 A presentación correrá a cargo de Xosé Manuel Muñiz, Presidente de AETINAPE.

MARUSÍA DE ARTES
.. Recitais poético-musicais no Náutico: 
Venres10 ás 19:0h María Lado e Lucía Aldao 
Sábado 11 ás 19:00h Trío Ouriol: Eva Veiga, Fito Ares, Bernardo Martínez 
Domingo 12 ás 19:00 César Morán e Xosé Taboada 

.. Danzas mariñeiras: agrupación Xilbarbeira (xoves, 20:00), agrupación Abeloura (venres, 20:00), Ballet Folclórico Boirense (sábado 20:00), grupo Aroña (domingo, 12:00)
.. Teatro de vida: Un mar de mulleres, Obradoiro de Memoria da Cruz Vermella de Boiro, no Auditorio do Centro Social de Cabo da Cruz, sábado, 22:00
.. Audivisuais: Xurxo Souto e os Gaiteiros do Mar(venres, 23:00) na Ribeira Grande. Docum. Cabo Raso (sábado, 21:00) na AMC

VISITAS GUIADAS
(Patrocinadas por JJ Chicolino). Punto de encontro caseta de información
Venres 10 ás 18:00       A carpintería de ribeira e os estaleiros tradicionais
Sábado 11 ás 11:30      Cabo da Cruz: da arqueoloxía á actualidade, 
Domingo 12 ás  11:30  O comercio e os gremios en Cabo da Cruz, 


MARUSÍA DE ARTES
Recitais poético-musicais (no Náutico): María Lado e Lucía Aldao (venres, 19:00); Trío Ouriol: Eva Veiga, Fito Ares, Bernardo Martínez (sábado, 19:00); César Morán e Xosé Taboada (domingo, 19:00)
Danzas mariñeiras: agrupación Xilbarbeira (xoves, 20:00), agrupación Abeloura (venres, 20:00), Ballet Folclórico Boirense (sábado 20:00), grupo Aroña (domingo, 12:00)
Teatro de vida: Un mar de mulleres, Obradoiro de Memoria da Cruz Vermella de Boiro, no Auditorio do Centro Social de Cabo da Cruz, sábado, 22:00




CARPA MARIÑEIRA
Xantar de 14:00 a 15:00h. / Cea de 21:00 a 22:00.
ALOXAMENTO MARIÑEIRO: CARPA E ACAMPADA
Campo de fútbol Valiño
(estacionamento de caravanas, remolques e coches)



Importante: programa suxeito a posibles modificacións










PATROCINADORES E COLABORADORES
(Por orden alfabético)


Patrocinan 
.. Concello de Boiro, Deputación da Coruña e Xunta de Galicia: Consellería do Medio Rural e do Mar, Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Portos de Galicia; Consellería de Cultura, Educación e OU-Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Industria-Fundación Centro Galego da Artesanía e o Deseño.

 Colaboran
.. Asociacións, clubs e entidades. Asociacións: AETEMA, AMBAR, AMICOS, Barbantia,  Comisión de Festas do Carme de Cabo de Cruz, Creaturas e Foro Ecolóxico de Boiro, A. Cultural Borobó;  Asoc. de Mexilloeiros AMC Cabo de Cruz, Amebarraña  e a A Boirense; A Unión., Faiado da Memoria de Vilagarcía, A. Galega de Carpintería de Ribeira (AGALCARI),  Olláparo. Clubs: C.de Remo Cabo de Cruz, Club de Fútbol Cabo de Cruz -Sociedade Deportiva Valiño (FC),  Club Náutico Boiro. Marina de Cabo de Cruz,  Club de Xubilados Terra e Mar de Cabo de Cruz. Entidades: Cofradía de Pescadores de Cabo de Cruz, Cruz Vermella Local Boiro, Garda Civil de Boiro, Mancomunidade Arousa Norte Policía Local Boiro e Protección Civil de Boiro. CEIP Abanqueiro ,  Cespón,   Escarabote,   Praia Xardín,   STª Baia e  STª Mª do Castro. IES A Cahada,   Espiñeira,   Praia Barraña. Escolas de palilleiras Mariví Santos e bordadoras de Mª José F. Figueroa e Centro de Formación A Aixola-Cetmar.
Grupos de música e danza folclóricos locais: A Dorniña de Abanqueiro, Fiadeira, Abeloura, Arume, Os da Boina, Xilbarbeira, Aquel de Aquelar, Nunca é Tarde, Os da Volta, As Xoaniñas, Aroña, Ar de Loureda e  Ballet Folclórico Boirense das Amas de Casa. Museos e Centros Culrurais: Centro Arqueolóxico do Barbanza (Neixón), Centro Social de Cabo de Cruz,  Museo do Mar de Galicia (Vigo), Museo do Mar de Noia, Museo do Mar de Rianxo e  Museo do Pobo Galego (Santiago).

.. Empresas: Asteleiros Triñanes, Autos Barbanza, S.A.L. ,  Autos Magallanes S.L., Autos Ramón Outeiral S.L.,  Conserva Calo, Ferrallas Calo´s, Fincas Mosconi S.L.,  Frinsa Noroeste, Garlou. Estación de Servizo, Jealsa, JJChicolino,  Nemesio Ordonez, S.A.,  Petromar Cabo (Estación de servizo portuaria),  Sargadelos Barbanza.

 Agradecementos

Jontxu Argibay, Juan José Farto e Mónica Rivas (artistas), Manolo González (maquetas de barcos tradicionais), Miguel A. Lomba (creación web e redes sociais),  Patelo de Noia (motores en miniatura), Pitusa Lomba e Alberto García (cultura), Maribel Longueira (deseño), Francisco Fernández Naval, Lino Lema e Voluntariado do encontro. 

CUATRÍPTICO EN CATRO IMAXES








-------------------------------------------------------------------------------------------




ADIANTO DA PROGRAMACIÓN EN PRENSA O 14/06/2015

Treixadura, os irlandeses The Eskies e Radio Cos lideran o cartel musical
Grupos da zona contribuirán a inzar en Cabo o patrimonio cultural galego
M. X. BLANCO Ribeira / la voz, 14 de junio de 2015.

A conta atrás para o arranque do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Cabo de Cruz xa empezou. A falla de menos dun mes da esperada festa da cultura mariñeira e das tradicións, vaise pechando o programa de actividades que contribuirá a redondear un evento que se prevé histórico. No que á parte musical se refire, está confirmada a presenza na localidade boirense dos grupos Treixadura, Radio Cos e The Skies, que chegará a Barbanza procedente de Irlanda.

Treixadura desembarcará en Cabo de Cruz o 10 de xullo, no marco da xira de conmemoración dos seus 25 anos enriba dos escenarios. Este grupo mítico da música tradicional galega está a aproveitar a celebración das súas vodas de prata para ofrecer un percorrido pola media ducia de traballos discográficos que ten no mercado. De feito, recalará en Barbanza despois de rexistrar soados cheos nos principais teatros da comunidade.

Tamén se sitúa na relación de bandas da música tradicional galega Radio Cos, aínda que se trata dun grupo con menos percorrido, pois non cumpriu aínda a década de vida. Está integrado por famosos pandereteiros que foron evolucionando mediante a introdución de instrumentos coma o acordeón e o violín. Dous dos seus membros, Xurxo Fernandes e Quique Peón, son referentes no eido da investigación etnográfica en Galicia.

O trío de ases do ciclo de concertos que contribuirán a caldear o ambiente en Cabo de Cruz complétao The Skies, un grupo irlandés que será o encargado de protagonizar a Noite Intercéltica coa que se abrirá o Encontro de Embarcacións Tradicionais o 9 de xullo. Con este festival que lle dará a saída á festa da cultura mariñeira preténdese reflectir a través da música a relación existente entre Galicia e Irlanda, país que tamén estará presente achegando varias embarcacións á xuntanza.

Coñecidas formacións
A relación dos grupos e dos artistas que farán que a música tradicional non deixe de soar ao longo dos catro días de encontro non remata aquí, nin moito menos. Complétase cun feixe de grupos de Boiro e de outros puntos da comarca de Barbanza que farán posible inzar en Cabo de Cruz o patrimonio musical galego. Lumieira, Xilbarbeira, O Aquel de Aquelar, Nunca é Tarde, Aroña, Abeloura, Os da Boina, A Dorniña, O Ballet Folclórico Boirense, Sonia Lebedynski, Fiadeira, Xoaniñas, Volta do Monte ou O Ar de Loureda tamén contribuirán a facer grande esta exaltación da cultura.

Desde Rianxo tamén se sumarán Os Perucos, un grupo que hai catro anos regresou ao panorama musical con forza e que ven de sacar á rúa o disco Resurgir. Esta formación será a encargada de poñerlle o broche de ouro ao programa de actividades, cun concerto a noite do 12.

O que busca a comisión que se creou en Boiro para darlle forma a un programa de actividades que redondee o encontro de embarcacións é exaltar a cultura tradicional, demostrando que Barbanza sabe moito do tema, pois conta cun número importante de grupos que traballan por iso desde hai anos.

Literatura, poesía e teatro completan o intenso programa
A música ocupa un lugar privilexiado no programa de actividades que se está a deseñar para darlle unha relevancia maior ao Encontro de Embarcacións Tradicionais de Cabo de Cruz, pero o paquete de propostas culturais vai máis alá. Inclúe actos de carácter literario, recitais de poesía e representacións teatrais.

As poetisas musicais María Lado e Lucía Aldao, de sobra coñecidas en Boiro pola súa participación en varios actos ao longo dos últimos anos, tamén se sumarán á festa da cultura de Cabo. Encherán de versos e sons o espazo cultural habilitado para a ocasión no Club Náutico da localidade, un recuncho que tamén animará o grupo Ouriol, unha aposta que chegará da man da coñecida escritora Eva Veiga. O interior do edificio deportivo tamén recibirá a César Morán e Xosé Taboada, que acudirán igualmente en misión poético musical.

O teatro chegará á gran festa da cultura da man dun grupo de veciños do municipio, concretamente de maiores que participan nos obradoiros de memoria da Cruz Vermella. Están a preparar para a ocasión a peza Un mar de mulleres, un espectáculo estreitamente vinculado ao mundo mariñeiro que foi ideado por Esther Carrodeguas.

Rianxo ofrece charlas, talleres e bautismos de mar
A vila de Rianxo é a vindeira parada no calendario ideado polos catro concellos que integran Arousa Norte para promocionar o Encontro de Embarcacións Tradicionais que terá lugar en Cabo de Cruz. O berce de Castelao propón para o sábado unha intensa xornada con conferencias, obradoiros e ata bautismos de mar.

As actividades arrancarán ás 11.00 horas co desenvolvemento dun taller de nós mariñeiros e coa realización de bautismos de mar nas inmediacións do Club Náutico rianxeiro. Os interesados en participar en calquera destas propostas teñen ata o xoves para inscribirse no auditorio.

Ás 18.30 dará comezo, no Museo do Mar, unha charla na que intervirán Lino Lema, Pablo Carrera, Xerardo Agrafoxo e Adolfo Muíños. Falarán do patrimonio marítimo e da súa conservación. Despois dun coloquio ao que poderán sumarse todos os asistentes, a xornada culminará cun concerto a cargo dos alumnos da aula de música tradicional da universidade Sénior baixo o lema Para ser bo mariñeiro.

---------------------------------------------------------------------------------

COMENZAN OS ACTOS
Co motivo de dar a coñecer e presentar o Encontro de Embarcacións, comezamos cas actividades previas:

-  05 de xuño  ás 21:00h .Centro Social de Cabo de Cruz. (Boiro):
  • Proxección Audiovisual do documental: “Cabo-Terranova: Unha ollada dende o Argus”.  Será comentado por Xurxo Souto coas vivencias e anécdotas de mariñeiros que traballaron en Terranova e no Gran sol.
  • Baile do Pobo (de galapara diversión de todos os veciños amenizado por un coñecido DJ.
-13 de xuño 13:00h. Cantón da Leña en Pobra do Caramiñal:
  • ”Aquario” Teatro Gazafellos

-  20 de xuño ás 18:30h. Museo do Mar en Rianxo:
  • Mesa redonda sobre a Etnografía do mar

- 27 de xuño todo o día en STª Uxía de Ribeira:
  • Xornadas de animación infantís ao redor do mar




Xa están programadas as catro rutas de mar:





----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

ESBOZO DE PROGRAMACIÓN:

Adiantamos, aínda que sexa en liñas xerais,
os contidos do programa do XII Encontro.
Máis adiante detallaremos esta información.

Ø  DATAS: Del  9 al 12 de Julio del  2015 (4 xornadas)
Ø  HORARIO: de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 23:00h.

Ø  CONTIDOS:

A)            Actividades Marítimas:
. Concentración e exhibición de 100 a 150 embarcacións tradicionais no peirao e navegación diaria . Con presenza de delegacións foráneas (Pais Vasco, Portugal, Irlanda, Islandia, Croacia …)
. Programa “O Mar Para Todos” (Navegación para persoas con minusvalía)

B)            Actividades en Terra:
. Mostra de artesanía
. Exposicións .
. Obradoiros mariñeiros (oficios e labores do mar)
. Arte mariñeiro (escultores, pintores, …  -Exposición, exhibición e obradoiros-)
. II Encontro de Palilleiras e Bordadoras CSoCC. (Exposición e exhibición)
. Encontro infantil ( Actividades lúdicas e xogos tradicionais)
. Xornadas Técnicas sobre o Patrimonio arqueolóxico Marítimo  (Conferencias, mesas redondas …)
. Visitas guiadas (Rutas etnográficas, arqueolóxicas, … a lugares de interese do Concello)
. Proxección de audiovisuais.
. Recitais músico- poéticos e teatro na rúa
. Música e danza tradicionais
. Concertos nocturnos.
  
C)            Publicacións:
. “Mareachea” (Revista da Asoc. a Gamela)
. “Ardentía ( Revista do Patrimonio Marítimo e Fluvial)

IMPORTANTE:

 ESTA PROGRAMACIÓN ESTÁ SUXEITA A POSIBLES CAMBIOS




ESTAMOS TRABALLANDO. EN BREVE ESTARÁ LISTO.

MEDRE O MAR!

ENCONTRO CABO 2015

PRESENTACIÓN POR XURXO SOUTO DO XII ENCONTRO DE EMBARCACIÓNS DE GALICIA, VIDEO DE PABLO CHOUZA

Posted by EncontroCabo2015 on Miércoles, 17 de junio de 2015